16/03/2012

Venecia


"Fixen un traballo en casa de Venecia porque é a miña cidade favorita; ainda que non me mandara o profe." (Minni2. Quinto_C) 


A miña viaxe a Venecia:

Cando cheguei a Venecia montei nunha góndola, que son as barcas que utiliza a xente para dar paseos por Venecia. Despois fomos a unha tenda a comprar unhas máscaras típicas de alí, porque segundo algunhas lendas romanas é a cidade das máscaras. Cando acabamos de compralas fomos a praza de San Marcos. Hai uns cantos anos a xente pensaba que pasar por ela daba mala sorte, porque, daquela, a algunha xente aforcábana na mesma praza.

Está foi a miña viaxe a Venecia.





Se queredes saber máis desta cidade:

Venecia (en italiano: Venezia, en véneto: Venexia) é unha cidade e comuna italiana, capital da rexión do Véneto e da provincia de Venecia, situada no nordeste da península itálica. A cidade, con 270.516 habitantes (a 31 de xullode 2010, é coñecida pola súa historia, canais, museos e monumentos, así como pola súa industria. Xunto con Padua, forma a área metropolitana de Padua-Venecia cunha poboación de 1.600.000 habitantes.
O nome da cidade deriva da antiga tribo dos veneti, que viviron na rexión en tempos de Roma. Venecia foi historicamente capital dunha cidade-estado independente. Ao longo do tempo a cidade foi coñecida con distintos alcumes: "La Dominante", "Serenissima", "a raíña do Adriático", "a cidade da auga", "a cidade das máscaras", "a cidade das pontes", "a cidade flotante" e a "cidade das canles". Hoxe está clasificada como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Dos moitos monumentos e locais turísticos existentes, destacan Basílica de San Marcos, na adxacente Praza de San Marcos, a Ponte de Rialto sobre a Gran Canle, construída en 1588 segundo proxecto de Antonio da Ponte, a Ca' d'Oro e numerosas igrexas e museos.
A cidade esténdese por 117 pequenas illas na Lagoa de Venecia a longo do mar Adriático, entre a desembocadura do río Po (ao sur) e do rio Piave (ao norte). Aínda que a poboación da cidade é de 270.516 habitantes tan só 60.000 viven nas illas do centro histórico (Centro storico), sendo a poboación en terra firme (Terraferma) de 176.000. Os restantes 31.000 viven en outras illas da lagoa.







Esta e a miña cidade preferida

1 comentário:

  1. Que sorte minni2! Sempre quixen ir a Venecia por que ademáis de que e fermosísima non contaminan tanto, porque utilizan barcas de transporte.
    O único que ten de malo e a humidade.

    ResponderEliminar