30/01/2012

A Paz empeza no máis cercano.

Hoxe miramos este vídeo, titulado "Algún día...", que nos fala de que a Paz faise día a día, nos xestos máis pequenos da vida cotidiá.



Manifesto da nosa aula no día da non violencia e a Paz

Hoxe, luns 30 de xaneiro, para conmemorar o día da non violencia e a Paz, os nenos e nenas de Quinto_C participamos xunto co resto dos nosos compañeiros e compañeiras e do profesorado do centro nun acto colectivo no patio do noso cole. Entre outras cousas fixemos un comunicado de desexos. Esta é a nosa aportación, lembrando os que xa fixemos en Nadal cara ao ano 2012, porque a Paz é cousa de todos os días:

- Menos ricos e menos pobres.
- Que remate a violencia de xénero.
- Igualdade entre os homes e mulleres.
- Que non falte a auga no mundo.
- Amistade.
- Non ás guerras.
- Que en África gañen máis diñeiro.
- Un Planeta mellor coidado.
- Rematar coa fame no Mundo.
- Que non se mate á xente.
- Reciclar mellor.
- Felicidade para todos e todas.
- Que remate a crise.
- En resumo: temos que facer un Mundo mellor.

27/01/2012

O noso primeiro cómic

Estamos aprendendo a facer cómic, con axuda de ferramentas da web2.0. Aproveitamos a celebración do día da Paz, para crear este material. Aínda estamos empezando, disculpade os erros.

(Nota: premendo no recadro que hai na barra inferior da presentación, á dereita dos botóns para avanzar e do número de diapositiva, poderedes vela a pantalla completa)

Graffitis pola paz

Para conmemorar o día escolar pola Paz, fixemos este traballo, entre outros, para simbolizar o noso desexo.

12/01/2012

Memorias dun neno labrego

Para celebrar o 50 aniversario da publicación de "Memorias dun neno labrego" estamos facendo unha lectura colectiva do libro. Mañán remataremos cos dous últimos capítulos. Logo prepararemos a visita que o seu autor, Neira Vilas, fará ao noso centro, que completaremos con traballos feitos na aula e que vos amosaremos aquí.

10/01/2012

Galería: "Debuxo máxico"

"Debuxo máxico" é un dos primeiros traballos plásticos que fixemos no primeiro trimestre. Trátase dunha técnica divertida consistente en crear uns trazos aleatorios co brazo, para logo buscarlle unha forma ou sentido e decoralo. Deixámosvos un exemplo do traballo desenvolto.

(Nota: se poñedes o cursor sobre as imaxes podedes ver a barra de navegación. Premendo sobre a pausa podedes logo ir hacia adiante ou hacia atrás máis a modo).

Presentación

"Sons da Ramallosa" é o blog dos nenos e nenas de quinto C do CEIP da Ramallosa (Teo). Queremos que sexa a ventá para que vos asomedes á nosa aula para ver as ideas, creacións e propostas deste curso, para amosarvos o que imos descubrindo xuntos na nosa emocionante experiencia de aprender.
Esperamos que vos guste e que disfrutedes con nós dos sons da nosa escola.