30/01/2012

Manifesto da nosa aula no día da non violencia e a Paz

Hoxe, luns 30 de xaneiro, para conmemorar o día da non violencia e a Paz, os nenos e nenas de Quinto_C participamos xunto co resto dos nosos compañeiros e compañeiras e do profesorado do centro nun acto colectivo no patio do noso cole. Entre outras cousas fixemos un comunicado de desexos. Esta é a nosa aportación, lembrando os que xa fixemos en Nadal cara ao ano 2012, porque a Paz é cousa de todos os días:

- Menos ricos e menos pobres.
- Que remate a violencia de xénero.
- Igualdade entre os homes e mulleres.
- Que non falte a auga no mundo.
- Amistade.
- Non ás guerras.
- Que en África gañen máis diñeiro.
- Un Planeta mellor coidado.
- Rematar coa fame no Mundo.
- Que non se mate á xente.
- Reciclar mellor.
- Felicidade para todos e todas.
- Que remate a crise.
- En resumo: temos que facer un Mundo mellor.

Sem comentários:

Enviar um comentário