30/03/2012

O Machu Pichu

"Fixen este traballo para que todos gocen do Machu Picchu, o sitio ao que quero ir cando eu sexa maior. "
 Por: Wich (seudónimo)


 O descubrimento

O 24 de xullo de 1911 é coñecido por ser a data do "descubrimento" do Machu Picchu, por un arqueólogo e explorador norteamericano chamado Hiram Bingham.

En cambio, descubrir o Picchu este día non foi produto do azar. Anos antes, Bingham interesárase polas lendas que se contaban sobre o último refuxio dos incas rebeldes, que era Vitcos ou Viticos, narradas de forma épica por cronistas desa época.

Bingham buscaba Vitcos, pero en cambio encontrou o Picchu.

Encontrado Machu Picchu, Bingham contrata nos Estados Unidos un grupo de arqueólogos para escavar o lugar. O Goberno do Perú deses anos, mostrando o seu desinterese polo pasado incaico, dá permiso á expedición de levar aos Estados Unidos os obxectos encontrados durante os traballos desa tempada.




O Eterno Misterio


Machu Picchu foi considerada, pola súa asombrosa magnificencia e harmoniosa construción, como un dos monumentos arqueólogos máis importantes do planeta e tamén unha das 7 marabillas do mundo moderno.

Localizada a 2 mil 400 metros sobre o nivel do mar na provincia de Urubamba, departamento do Cusco, Machu Picchu (Cumio Maior, en castelán) sorprende pola forma en que as construcións de pedra se despregan sobre unha lomba estreita e desnivelada, en cuxos bordos hai un farallón de 400 metros de profundidade que forma o canón polo que se chega ao río Urubamba.

Cidadela rodeada de misterio, porque ata agora os arqueólogos non puideron descifrar a historia e a función desta pétrea cidade de case un quilómetro de extensión, erixida polos Incas nunha máxica zona xeográfica, onde conflúen o andino e o amazónico.

Os turistas que visitan esta reliquia natural quedan convencidos de que quizais o misterio nunca sexa desvelado de todo porque ata agora só existen hipótese e conxecturas.














23/03/2012

Xoaniña, reirei ou maruxiña.


A xoaniña e un insecto coleóptero coa cabeza pequena, patas moi curtas e as membranas moi desenvolvidas, protexidas por unha coraza. Hai cerca de 4500 especies dentro deste grupo, son distinguíbeis polas pintas negras que posúe. Nútrese de pulgóns. As xoaniñas considéranse benéficas por parte dos agricultores, xa que a maioría das súas presas causa estragos ás colleitas e plantacións. En Norteamérica foi introducida para combate-las pragas deses parásitos das plantas.


Autora: Agatea

16/03/2012

Venecia


"Fixen un traballo en casa de Venecia porque é a miña cidade favorita; ainda que non me mandara o profe." (Minni2. Quinto_C) 


A miña viaxe a Venecia:

Cando cheguei a Venecia montei nunha góndola, que son as barcas que utiliza a xente para dar paseos por Venecia. Despois fomos a unha tenda a comprar unhas máscaras típicas de alí, porque segundo algunhas lendas romanas é a cidade das máscaras. Cando acabamos de compralas fomos a praza de San Marcos. Hai uns cantos anos a xente pensaba que pasar por ela daba mala sorte, porque, daquela, a algunha xente aforcábana na mesma praza.

Está foi a miña viaxe a Venecia.





Se queredes saber máis desta cidade:

Venecia (en italiano: Venezia, en véneto: Venexia) é unha cidade e comuna italiana, capital da rexión do Véneto e da provincia de Venecia, situada no nordeste da península itálica. A cidade, con 270.516 habitantes (a 31 de xullode 2010, é coñecida pola súa historia, canais, museos e monumentos, así como pola súa industria. Xunto con Padua, forma a área metropolitana de Padua-Venecia cunha poboación de 1.600.000 habitantes.
O nome da cidade deriva da antiga tribo dos veneti, que viviron na rexión en tempos de Roma. Venecia foi historicamente capital dunha cidade-estado independente. Ao longo do tempo a cidade foi coñecida con distintos alcumes: "La Dominante", "Serenissima", "a raíña do Adriático", "a cidade da auga", "a cidade das máscaras", "a cidade das pontes", "a cidade flotante" e a "cidade das canles". Hoxe está clasificada como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Dos moitos monumentos e locais turísticos existentes, destacan Basílica de San Marcos, na adxacente Praza de San Marcos, a Ponte de Rialto sobre a Gran Canle, construída en 1588 segundo proxecto de Antonio da Ponte, a Ca' d'Oro e numerosas igrexas e museos.
A cidade esténdese por 117 pequenas illas na Lagoa de Venecia a longo do mar Adriático, entre a desembocadura do río Po (ao sur) e do rio Piave (ao norte). Aínda que a poboación da cidade é de 270.516 habitantes tan só 60.000 viven nas illas do centro histórico (Centro storico), sendo a poboación en terra firme (Terraferma) de 176.000. Os restantes 31.000 viven en outras illas da lagoa.







Esta e a miña cidade preferida

07/03/2012

A que andamos?



(Preme no botón de reproducción para escoitar a mensaxe)

Mulleres (III). Susana Seivane

(Traballo desenvolto por alumnas do grupo "Alternativa" de Quinto_C, na conmemoración do día da muller 2.012)


Susana Seivane

Susana naceu o 25 de Agosto de 1976(ten 35 anos) . Orixe Barcelona, toca a gaita.

Susana Seivane pertence recoñecida dentro do mundo dos gaiteiros e artesans de Galicia. Comezou a tocar a gaita aos 3 anos, aos 9 anos trasladase a Cambre;xa en Galicia, entra en contacto cos mestres gaiteiros e co seu avó, Xosé Manuel Seivane, influenciaran grandemente o seu modo de entender e interpretar a música tradicional galega.

Dende os 10 anos comezou a facer concertos por todos os países, de maneira que, consege respecto e admiración no mundo da gaita e da música tradicional galega. Durante a sua adolescencia Susana, cursou estudos de solfexo e piano, formando parte de diferentes agrupacións musicais tradicionais. Aos 20 anos, toma contacto con escenarios co grupo Milladoiro, como artista invitada.
No ano 2001 resultou escollida como unha das 5 finalista dos Indie Awards, os prestixiosos premio que cada ano outorga a asociación de música independente dos Estados Unidos, na categoría de mellor artista de música contemporánea do mundo.

Ten 4 discos, editados e acostuma facer xiras anuais polo territorio Europeo(Francia,Holanda,España,Escocia,Portugal,Alemania,Italia...) E Américano(Bos Aires,Río de Prata,Estados Unidos).


Por: Agatea e Wich

Mulleres (II). María Casares


(Traballo desenvolto por alumnas do grupo "Alternativa" de Quinto_C, na conmemoración do día da muller 2.012)

María Vitoria Casares Perez


María Vitoria Casares Pérez (A Coruña, España, 21 de novembro de 1922 - Alloue, Francia, 22 de novembro de 1996) foi unha lexendaria actriz española de teatro e cine que triunfou no exilio en Francia , onde residía por ser filla de Santiago Casares Quiroga, que fora Ministro e Xefe de Goberno da República baixo a presidencia de Manuel Azaña.

Traxectoria
En 1939, pouco antes do final de a Guerra Civil, acompañou a o seu pai ao exilio en Francia . Estudou interpretación en o Conservatorio de Paris , no que conseguira entrar en 1941 malia as súas dificultades co idioma. O primeiro papel profesional que obtivo foi en A Celestina

En outubro de 1943 representou con gran éxito a obra de Georges Neveux A viaxe de Teseo . Ao ano seguinte coñeceu a Albert Camus, con quen mantivo unha relación sentimental ata a morte deste en 1960


(Foi unha lexendaria actriz española de teatro e cine que triunfou no exilio de Francia e emigrou a Francia para o cine )

En 1996, María Casares aceptou que os premios de teatro de Galicia levasen o seu nome, pero a morte impediulle asistir a a súa primeira edición.
En 1978 casouse con o actor alsaciano "Daddy" Schlesser





Por: Conguito e Minni2

Mulleres (I). Maruxa Mallo


(Traballo desenvolto por alumnas do grupo "Alternativa" de Quinto_C, na conmemoración do día da muller 2.012)

Maruxa Mallo


Nome completo: Ana María Gómez González
Nacemento: 5 de xaneiro de 1902 Vivero, España
Falecemento: 6 de febreiro de 1995 Madrid, España
Nacionalidade: Española
Área: Pintura
Educación: Real Academia de Belas artes de San Fernando, Madrid


Datos da súa vida:

Pouco despois do nacemento do seu irmán, a familia trasladouse a Avilés, onde Maruxa comezou a debuxar copiando as ilustracións que aparecían nas revistas da época. Alí fixo amizade co pintor avilesino Luís Bayón, quen anos máis tarde tamén acabaría na Real Academia de Belas Artes de San Fernando e despois tomaría rumbo a París.

En 1922, con 20 anos, trasládase a Madrid para estudar na Real Academia de Belas Artes de San Fernando onde estudou ata 1926. Alí relaciónase con artistas, escritores e cineastas como Salvador Dalí, Federico García Lorca, Margarita Manso, Luís Buñuel, María Zambrano ou Rafael Alberti, co que mantén unha relación ata que aquel coñece a María Teresa León.


A súa pintura cambiou radicalmente e alcanzou a maestría, tanto que o mesmo Breton comproulle en 1932 o cadro titulado Espantapájaros, obra poboada de espectros que hoxe é considerada unha das grandes obras do surrealismo.

En 1933, Maruja Mallo comprometida coa República, dedicouse a ensinar debuxo e cerámica no abulense Instituto de Arévalo. Un ano máis tarde, estudou matemáticas e xeometría a fin de aplicalos na súa obra, principalmente na cerámica.


Do seu paso por Bos Aires, o Museo do Debuxo e a Ilustración, atesoura na súa colección dúas temperas sobre papel, representando animais metade real e metade fantásticos.

Aos 37 anos publicou o libro O popular na plástica española a través da miña obra (1939), e empezou a pintar especialmente retratos de mulleres, cuxo estilo é precursor da arte pop estadounidense.



Comeza no exilio a súa etapa cósmica, dedicada a recrear a natureza sudamericana coa súa serie de Mariñas. En canto instáurase o peronismo en Arxentina, Maruja deixa o país e trasládase a Nova York, para regresar a España en 1965, tras vinte e cinco anos de exilio.

A que foi unha das grandes figuras do surrealismo de preguerra é case unha descoñecida na súa terra e a súa vida pública desaparece. Pero non lle importou, instalouse na rúa Núñez de Balboa de Madrid, e case como un símbolo debuxa de novo a portada da Revista de Occidente.

En 1979, comezou a súa última etapa pictórica cos Moradores do baleiro, tiña xa 77 anos, pero aínda conservaba esa frescura e vitalidade que a acompañaría durante toda a súa vida.

Na década de 1990 ofrecéronlle varias exposicións e premios, como a Medalla ao Mérito nas Belas Artes e o Premio de Artes Plásticas de Madrid.

O 6 de febreiro de 1995, morre en Madrid aos 93 anos.



Algunhas homenaxes:

En Viveiro, a súa cidade natal esta prevista a construción dun museo permanente e un centro de estudos da súa obra.[2] Ademais, unha avenida leva o seu nome no distrito de Hortaleza, Madrid.



Imaxes:



Por: Tikiwinki e 2kitkat