30/03/2012

O Machu Pichu

"Fixen este traballo para que todos gocen do Machu Picchu, o sitio ao que quero ir cando eu sexa maior. "
 Por: Wich (seudónimo)


 O descubrimento

O 24 de xullo de 1911 é coñecido por ser a data do "descubrimento" do Machu Picchu, por un arqueólogo e explorador norteamericano chamado Hiram Bingham.

En cambio, descubrir o Picchu este día non foi produto do azar. Anos antes, Bingham interesárase polas lendas que se contaban sobre o último refuxio dos incas rebeldes, que era Vitcos ou Viticos, narradas de forma épica por cronistas desa época.

Bingham buscaba Vitcos, pero en cambio encontrou o Picchu.

Encontrado Machu Picchu, Bingham contrata nos Estados Unidos un grupo de arqueólogos para escavar o lugar. O Goberno do Perú deses anos, mostrando o seu desinterese polo pasado incaico, dá permiso á expedición de levar aos Estados Unidos os obxectos encontrados durante os traballos desa tempada.




O Eterno Misterio


Machu Picchu foi considerada, pola súa asombrosa magnificencia e harmoniosa construción, como un dos monumentos arqueólogos máis importantes do planeta e tamén unha das 7 marabillas do mundo moderno.

Localizada a 2 mil 400 metros sobre o nivel do mar na provincia de Urubamba, departamento do Cusco, Machu Picchu (Cumio Maior, en castelán) sorprende pola forma en que as construcións de pedra se despregan sobre unha lomba estreita e desnivelada, en cuxos bordos hai un farallón de 400 metros de profundidade que forma o canón polo que se chega ao río Urubamba.

Cidadela rodeada de misterio, porque ata agora os arqueólogos non puideron descifrar a historia e a función desta pétrea cidade de case un quilómetro de extensión, erixida polos Incas nunha máxica zona xeográfica, onde conflúen o andino e o amazónico.

Os turistas que visitan esta reliquia natural quedan convencidos de que quizais o misterio nunca sexa desvelado de todo porque ata agora só existen hipótese e conxecturas.














3 comentários:

  1. Bonito soño, Wich. Ogallá o consigas (eu estou seguro que si). Bo traballo.
    Benxa.

    ResponderEliminar
  2. Moi bo traballo Wich, a min tamén me gustaría visitalo. Ao mellor metome na tua maleta e voume contigo. :p :D

    ResponderEliminar
  3. Moi bonito Witch :) alegrome e espero que cumprasa o teu soño .

    ResponderEliminar