07/03/2012

Mulleres (III). Susana Seivane

(Traballo desenvolto por alumnas do grupo "Alternativa" de Quinto_C, na conmemoración do día da muller 2.012)


Susana Seivane

Susana naceu o 25 de Agosto de 1976(ten 35 anos) . Orixe Barcelona, toca a gaita.

Susana Seivane pertence recoñecida dentro do mundo dos gaiteiros e artesans de Galicia. Comezou a tocar a gaita aos 3 anos, aos 9 anos trasladase a Cambre;xa en Galicia, entra en contacto cos mestres gaiteiros e co seu avó, Xosé Manuel Seivane, influenciaran grandemente o seu modo de entender e interpretar a música tradicional galega.

Dende os 10 anos comezou a facer concertos por todos os países, de maneira que, consege respecto e admiración no mundo da gaita e da música tradicional galega. Durante a sua adolescencia Susana, cursou estudos de solfexo e piano, formando parte de diferentes agrupacións musicais tradicionais. Aos 20 anos, toma contacto con escenarios co grupo Milladoiro, como artista invitada.
No ano 2001 resultou escollida como unha das 5 finalista dos Indie Awards, os prestixiosos premio que cada ano outorga a asociación de música independente dos Estados Unidos, na categoría de mellor artista de música contemporánea do mundo.

Ten 4 discos, editados e acostuma facer xiras anuais polo territorio Europeo(Francia,Holanda,España,Escocia,Portugal,Alemania,Italia...) E Américano(Bos Aires,Río de Prata,Estados Unidos).


Por: Agatea e Wich

Sem comentários:

Enviar um comentário