23/05/2012

Conto colaborativo do grupo "Alternativa"


           Troll, lebres e o home estraño
Fai moitos, moitísimos anos, aló cando os animais aínda falaban, había unha montaña onde vivían moitas especies, felizmente, respectándose unhas a outras. Ata que un día, despistado e perdido, apareceu un home estraño ...

Aquel home non sabía aínda que os animais daquel lugar falaban... Cando os viu falar o home austouse tanto que escapou correndo monte arriba. Ata que unha lebre feliz o detivo e empezou a tranquilizalo.

A lebre, de tanto tranquilizalo, fixo que quedara durmido. Cando o home despertou estaba na casa da lebre, xunto a el había outra lebre cun vestido rosa de flores, tamén había dúas pequenas lebres. Ao velo desperto dixéronlle que non se preocupara que en toda esa comunidade todos os animais falaban. Pero o home aínda seguía un pouco asustado.

Non sabía que dicir, nin que facer, nin nada. A lebre preparoulle un té vermello. Cando terminou o home decidiu explorar a montaña para ver os demais animais extraordinarios que habitaban. Cando chegou a unha cova ulía tan mal que decidiu saír. Pero non atopaba a saída, e deuse conta que estaba atrapado. Pasou a noite, e a mañá seguinte..

As lebres preocupáronse polo home e fórono buscar, despois de media hora non o daban atopado. A nai lebre dixo: -Creedes que foi parar a cova do troll?
E o pai lebre dixo: A estas alturas créomo todo. Decidiron ir a buscalo a mañá seguinte porque alí xa anoitecía.....

A maña seguinte as lebres foron a buscalo á cova. Deron voltas pola cova e ao final o encontraron, e o home de tan contento que estaba despertou ao troll. O troll enfadado...

...foi rapidamente á entrada e taponou a saída cunha pedra xigante. Logo intentou coller ao humano para convertelo na súa mascota. Sempre lle fixo ilusión ter un ser salvaxe como compañía...

...meteuse por todos os currunchos da cova pero nada ... ata que o home esbirrou e o troll oíuno entón como os trolls teñen moi bo oído foi a por el ..pero o home deuse conta de que o seguían e entón meteuse por un burato ...

E pasoulle unha cousa horrorosa, máis ben repelente: Estaba entrando no burato e viu un bicho negro cunha raia branca, seguiuno polo burato ata que chegaron a un oco profundo que construíra o bicho. O home mirouno fixamente e viu que era un mofeta. Con el había 5 bebés mofeta e cando viron a home empezaron a botar a súa repelente peste.

Mentres, as lebres, lixeiras como elas solas, intentaron escapar pero o troll tapounas. O home correu saíndo do sitio porque pensaba que morrería con esa peste. Cando saíu viu que o troll tiña a toda a familia lebre na man apunto de comela, pero o home deu un salto enorme e liberounas. Caeron, e na enorme pedra que os tapou viron un burato pequeniño polo que podían escapar, pero o troll ía por eles.

De pronto o pai lebre tivo unha idea, el tiraríalle un verme á cara para que non vira e despois tiraría unha pedra lonxe que resoaría no fondo da cova para que o troll pensara que escapaban por alí. Púxose en acción: Ao troll pegóuselle o verme nos ollos, non vía nada, e saíu correndo seguindo a dirección do ruído. Os outros escaparon e encerrárono na súa mesma cova...... Por fin, LIBRES!!!!!

As lebres lle deron as grazas ao home, pero este non sabía onde estaba a súa casa, e tampouco podía quedar co as lebres a vivir; e cando se dispoñía a despedirse das lebres oíu ao ogro suplicar que lle deixaran libre. E así o fixeron, e ogro, para darlle as grazas ao home, o deixou vivir na súa cova con el.
E así todos viviron felices.

E colorín colorado este conto está rematado... e os animais seguiron falando ata que un día... (esa é outra historia).

22/05/2012

Nubes de palabras galegas

Con motivo do "Día das Letras Galegas" fixemos moitas actividades na aula e no centro. Entre elas creamos nubes de palabras a partir de textos galegos. Quedaron moi "chulas"...
Se queredes velas mellor premede sobre cada imaxe.















Graffitis polo "Día das Letras Galegas"


 Por 2Kitkat
___________

 Por Tinkiwinki
______________


 Por Mountruito
______________



Por Leinad
__________













O meu animal preferido: "O mapache"


Por Wich


Son pequenos, pouco maiores e máis grosos que un gato, de pelo no moi largo e de color gris, máis escuro no centro do lombo, o pelo das extremidades case brancas, cola larga e anelada (gris con branco ou case branco), e una característica e a mancha de pelo negro que vai desde cada meixela a cada ollo, o que o fai moi recoñecible, pois parece como si levaran un anteface.



A min gústame Brasil


"Brasil"


Capital: Brasilia
Cidade máis poboada: Säo Paulo
Idioma oficial: Portugués
Xentilicio: Brasileiro - a, Brasilero - a
Poboación total: 203 429 775
Posto entre os mais poboados: 5º

Brasil, oficialmente República Federativa do Brasil 6 7 (en portugués:República Federativa do Brasil), é un país situado en América do Sur que comprende a metade oriental do subcontinente e algúns grupos de pequenas illas no océano Atlántico. Cunha superficie estimada en máis de 8,5 millóns km², ocupa o quinto lugar a nivel mundial en territorio só superado por Rusia, Canadá, Estados Unidos e China e ten fronteiras con todos os países de América do Sur, exceptuando a Chile e Ecuador. Ao norte limita con Colombia,Venezuela, Güiana, Surinam e a Guyana Francesa; ao sur con Argentina,Uruguay e Paraguai; ao leste co océano Atlántico; e ao oeste con Bolivia e Perú. Na súa maior parte, o país está comprendido entre os trópicos terrestres, polo que as estacións climáticas non se senten dun xeito radical en gran parte deste. A selva amazónica cobre 3,6 millóns km² do seu territorio. Grazas á súa vexetación e ao seu clima, é un dos países con máis especies de animais no mundo.

Estivo habitado orixinalmente por diversos grupos indíxenas. Tras o Tratado de Tordesillas, Brasil foi o segmento do continente americano que correspondeu ao reino de Portugal, do cal obtivo a súa independencia o 7 de setembro de 1822. Así, o país pasou de ser parte central do reino de Portugal a un imperio para finalmente converterse nunha república. A súa primeira capital foi Salvador de Bahía, que foi substituída por Río de Janeiro ata que se construíu unha nova capital,Brasilia.
Con aproximadamente 203 millóns de habitantes, Brasil é o quinto país máis poboado do mundo, aínda que presenta un baixo índice de densidade poboacional. Isto débese a que a maior parte da súa poboación se concentra ao longo do litoral, mentres o interior do territorio aínda está marcado por enormes baleiros demográficos. De colonización portuguesa, Brasil é a única nación de fala lusófona no continente americano. A relixión con máis seguidores é o catolicismo, sendo o país con maior número de católicos nominais do mundo. A sociedade brasileira é considerada unha sociedade multiétnica ao estar formada por descendentes de europeos, indíxenas, africanos e asiáticos.
Brasil é unha república federal conformada pola unión de 2 estados federadosy polo Distrito Federal, divididos en 5564 municipios. Dende finais do século pasado, a economía brasileira mantívose nun constante crecemento que o levou a converterse nunha potencia rexional e unha das vinte economíasmás grandes do mundo, aínda que o seu crecemento mantén o reto de superar os elementos meramente cuantitativos, superando a gran desigualdade de ingreso, unha renda per cápitapor debaixo da media mundial e o posto 84 no Índice de Desenvolvemento Humano, inferior ao de moitos dos países da rexión.

Para o meu Brasil é alegría e diversión. Os seus carnavais son os mais coñecidos de todo o mundo:
Os carnavais de Río de Janeiro.

Por: Tikiwinki 5ºC 















                                             FIN 

02/05/2012

23 de abril: día do libro

Para conmemorar o día do libro (23 de abril), no grupo de "alternativa" traballamos a seguinte "búsqueda do tesouro":
http://www.juntadeandalucia.es/averroes/sanwalabonso/wqyct/ct_diadellibro/23deabril.htm#titulo

Tratábase de dar resposta ás seguintes preguntas...


1. O 23 de abril de 1616, aínda que segundo distintos calendarios, morreron tres grandes escritores universales . Averigua os seus nomes?

2. O 23 de abril de cada ano e otorgase  o Premio Cervantes. Onde se desenvolve tan importante acontecemento?

3. En que ano foi instituído o premio Cervantes?

4. Que son os dereitos de autor?

5. Se hoxe fora o 23 de abril, cantos días quedan para que termine o ano?

6. Aclara o significado de UNESCO. (sigla)

7. En que comunidade autónoma, o día 23 de abril, as mulleres regálanlle un libro aos seus namorados? Por qué?

E finalmente a gran pregunta:

8. Analiza a frase "LER DACHE MÁIS"


Aquí tedes os resultados da investigación (e temos máis, que publicaremos proximamente)

____________________________________
Día do Libro.

Por Wich e Agatea

Pregunta 1:
O día 23 de abril foi elexido como Día do Libro, pois corresponde ao fallecimento dos escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso da Vega na misma fecha no ano 1616 (aunque realmente no é así: Cervantes falleceu o 22 e foi enterrado o 23, mentras que Shakespeare morreu o 23 de abril... do calendario juliano, que corresponde ao 3 de mayo do calendario gregoriano).

Pregunta 2:
O rey de España, Juan Carlos I, preside a entrega de este galardón o Paraninfo da Universidad de Alcalá.


Pregunta 3:
Foi instituido no 1976 e está considerado como o galardón literario máis importante na lingua castellana.

Pregunta 4:
O dereito do autor é un conxunto de normas xurídicas e principios que regulan os dereitos morales e patrimoniales que a ley concede a os autores (os dereitos do autor), polo mero feito da creación dunha obra literaria, artística, musical, científica ou didáctica, esté publicada ou inédita. Está recoñecido coma un dos dereitos humanos fundamentais na Declaración Universal dos Dereitos Humanos.


Pregunta 5:
Quedan 247 días para que acabe o ano.

Pregunta 6:
A Organización das Naciones Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (en inglés United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization, abreviado internacionalmente como Unesco, en francés: "L’Organisation des Nations Unies pour l’éducation, la science et la culture") é un organismo especializado das Naciones Unidas. Se fundou o 16 de novembre de 1945 con o obxetivo de contribuir a paz e a seguridad no mundo mediante a educación, a ciencia, a cultura e as comunicaciones.


Pregunta 7:
Se recala na comunidad autonoma en Cataluña. Porque o día de San Jorge conmemora a morte de éste o 23 de abril de 303. É, ademáis, considerado o patrón de, entre outros, Inglaterra, Georgia, Etiopía, Bulgaria e Portugal. En España o é das comunidades autónomas de Aragón e Cataluña.


A Gran Pregunta
Ler dache máis”significa que o que sabes se saca dos libros, os libros son a fonte da sabiduría do ser humano, por eso, si lees sabes máis e é esa a razón pola que te da máis.