23/05/2012

Conto colaborativo do grupo "Alternativa"


           Troll, lebres e o home estraño
Fai moitos, moitísimos anos, aló cando os animais aínda falaban, había unha montaña onde vivían moitas especies, felizmente, respectándose unhas a outras. Ata que un día, despistado e perdido, apareceu un home estraño ...

Aquel home non sabía aínda que os animais daquel lugar falaban... Cando os viu falar o home austouse tanto que escapou correndo monte arriba. Ata que unha lebre feliz o detivo e empezou a tranquilizalo.

A lebre, de tanto tranquilizalo, fixo que quedara durmido. Cando o home despertou estaba na casa da lebre, xunto a el había outra lebre cun vestido rosa de flores, tamén había dúas pequenas lebres. Ao velo desperto dixéronlle que non se preocupara que en toda esa comunidade todos os animais falaban. Pero o home aínda seguía un pouco asustado.

Non sabía que dicir, nin que facer, nin nada. A lebre preparoulle un té vermello. Cando terminou o home decidiu explorar a montaña para ver os demais animais extraordinarios que habitaban. Cando chegou a unha cova ulía tan mal que decidiu saír. Pero non atopaba a saída, e deuse conta que estaba atrapado. Pasou a noite, e a mañá seguinte..

As lebres preocupáronse polo home e fórono buscar, despois de media hora non o daban atopado. A nai lebre dixo: -Creedes que foi parar a cova do troll?
E o pai lebre dixo: A estas alturas créomo todo. Decidiron ir a buscalo a mañá seguinte porque alí xa anoitecía.....

A maña seguinte as lebres foron a buscalo á cova. Deron voltas pola cova e ao final o encontraron, e o home de tan contento que estaba despertou ao troll. O troll enfadado...

...foi rapidamente á entrada e taponou a saída cunha pedra xigante. Logo intentou coller ao humano para convertelo na súa mascota. Sempre lle fixo ilusión ter un ser salvaxe como compañía...

...meteuse por todos os currunchos da cova pero nada ... ata que o home esbirrou e o troll oíuno entón como os trolls teñen moi bo oído foi a por el ..pero o home deuse conta de que o seguían e entón meteuse por un burato ...

E pasoulle unha cousa horrorosa, máis ben repelente: Estaba entrando no burato e viu un bicho negro cunha raia branca, seguiuno polo burato ata que chegaron a un oco profundo que construíra o bicho. O home mirouno fixamente e viu que era un mofeta. Con el había 5 bebés mofeta e cando viron a home empezaron a botar a súa repelente peste.

Mentres, as lebres, lixeiras como elas solas, intentaron escapar pero o troll tapounas. O home correu saíndo do sitio porque pensaba que morrería con esa peste. Cando saíu viu que o troll tiña a toda a familia lebre na man apunto de comela, pero o home deu un salto enorme e liberounas. Caeron, e na enorme pedra que os tapou viron un burato pequeniño polo que podían escapar, pero o troll ía por eles.

De pronto o pai lebre tivo unha idea, el tiraríalle un verme á cara para que non vira e despois tiraría unha pedra lonxe que resoaría no fondo da cova para que o troll pensara que escapaban por alí. Púxose en acción: Ao troll pegóuselle o verme nos ollos, non vía nada, e saíu correndo seguindo a dirección do ruído. Os outros escaparon e encerrárono na súa mesma cova...... Por fin, LIBRES!!!!!

As lebres lle deron as grazas ao home, pero este non sabía onde estaba a súa casa, e tampouco podía quedar co as lebres a vivir; e cando se dispoñía a despedirse das lebres oíu ao ogro suplicar que lle deixaran libre. E así o fixeron, e ogro, para darlle as grazas ao home, o deixou vivir na súa cova con el.
E así todos viviron felices.

E colorín colorado este conto está rematado... e os animais seguiron falando ata que un día... (esa é outra historia).

Sem comentários:

Enviar um comentário