22/05/2012

A min gústame Brasil


"Brasil"


Capital: Brasilia
Cidade máis poboada: Säo Paulo
Idioma oficial: Portugués
Xentilicio: Brasileiro - a, Brasilero - a
Poboación total: 203 429 775
Posto entre os mais poboados: 5º

Brasil, oficialmente República Federativa do Brasil 6 7 (en portugués:República Federativa do Brasil), é un país situado en América do Sur que comprende a metade oriental do subcontinente e algúns grupos de pequenas illas no océano Atlántico. Cunha superficie estimada en máis de 8,5 millóns km², ocupa o quinto lugar a nivel mundial en territorio só superado por Rusia, Canadá, Estados Unidos e China e ten fronteiras con todos os países de América do Sur, exceptuando a Chile e Ecuador. Ao norte limita con Colombia,Venezuela, Güiana, Surinam e a Guyana Francesa; ao sur con Argentina,Uruguay e Paraguai; ao leste co océano Atlántico; e ao oeste con Bolivia e Perú. Na súa maior parte, o país está comprendido entre os trópicos terrestres, polo que as estacións climáticas non se senten dun xeito radical en gran parte deste. A selva amazónica cobre 3,6 millóns km² do seu territorio. Grazas á súa vexetación e ao seu clima, é un dos países con máis especies de animais no mundo.

Estivo habitado orixinalmente por diversos grupos indíxenas. Tras o Tratado de Tordesillas, Brasil foi o segmento do continente americano que correspondeu ao reino de Portugal, do cal obtivo a súa independencia o 7 de setembro de 1822. Así, o país pasou de ser parte central do reino de Portugal a un imperio para finalmente converterse nunha república. A súa primeira capital foi Salvador de Bahía, que foi substituída por Río de Janeiro ata que se construíu unha nova capital,Brasilia.
Con aproximadamente 203 millóns de habitantes, Brasil é o quinto país máis poboado do mundo, aínda que presenta un baixo índice de densidade poboacional. Isto débese a que a maior parte da súa poboación se concentra ao longo do litoral, mentres o interior do territorio aínda está marcado por enormes baleiros demográficos. De colonización portuguesa, Brasil é a única nación de fala lusófona no continente americano. A relixión con máis seguidores é o catolicismo, sendo o país con maior número de católicos nominais do mundo. A sociedade brasileira é considerada unha sociedade multiétnica ao estar formada por descendentes de europeos, indíxenas, africanos e asiáticos.
Brasil é unha república federal conformada pola unión de 2 estados federadosy polo Distrito Federal, divididos en 5564 municipios. Dende finais do século pasado, a economía brasileira mantívose nun constante crecemento que o levou a converterse nunha potencia rexional e unha das vinte economíasmás grandes do mundo, aínda que o seu crecemento mantén o reto de superar os elementos meramente cuantitativos, superando a gran desigualdade de ingreso, unha renda per cápitapor debaixo da media mundial e o posto 84 no Índice de Desenvolvemento Humano, inferior ao de moitos dos países da rexión.

Para o meu Brasil é alegría e diversión. Os seus carnavais son os mais coñecidos de todo o mundo:
Os carnavais de Río de Janeiro.

Por: Tikiwinki 5ºC 















                                             FIN 

Sem comentários:

Enviar um comentário