06/11/2012

Solidariedade con Malala

Unha das ventaxas de internet é que nos enteramos máis facilmente de cousas que pasan polo mundo.
Fai uns días, no blog do IES de Palas de Rei, descubrimos a historia de Malala, unha nena paquistaní que loitando polos dereitos das mulleres, concretamente das nenas do seu país, para poder asistir á escola e ao instituto, recibiu un disparo na cabeza.
Nós tamén queremos solidarizarnos e apoiar a Malala para que se recupere pronto. Por iso enviámoslle as nosas mensaxes nesta entrada do blog.
Para ver os nosos comentarios preme no botón que hai debaixo desta nova.

E para saber máis da historia de Malala aquí.