12/02/2012

Memorias dun neno labrego. Imaxes

Hoxe ven ao noso centro Xosé Neira Vilas, o autor de "Memorias dun neno labrego". Como homenaxe ao 50 aniversario da publicación deste libro fixemos unha lectura colectiva do mesmo, e logo, cada quen ilustrou a historia cos seus debuxos. Son estes:




Nota: premendo sobre as imaxes ábrese no navegador unha ventá para ver as ilustracións nun tamaño máis apropiado.

10/02/2012

Poesía colorida


O número un ten vacas que din muuu.
O número dous ten un pompón.
O número tres usa a talla 10.
O número catro ten uns grandes zapatos.
O número cinco ten moito hipo.
O número seis ten caraveis.
O número sete fai un mus de rechupete.
O número oito ten moito sono.
O número nove sabe escribir “love”.
O número dez sabe trepar como un cempés.

Autora: Agatea (seudónimo)

Máis e máis números


Co número un
grito chis pum.

O número dous
xoga co vinte dous.

O número tres
comeuse un cempés.

A o número catro
invítoo ao teatro.

Co número cinco
ven e pega un chimpo.

A o número seis
vou comermo cos reis.

A o número sete
voulle poñer un chupete.

O número oito
sempre está de loito.

O número nove
non se move.

O número dez
perdeuse unha vez.

Autora: Tinkiwinki (seudónimo)

Poetas e números


O número cero
ten un barco pesqueiro.

Roubáronlle o un
pero eu non fun.

O número dous
e noivo do corenta e dous.

O número tres
e como un cempés... do revés

O número catro
ten un zapato.

O número cinco
come dun brinco.

Do número seis
teño un debuxo nuns papeis... de un xersei.

O número sete
botouse un pedete.

O número oito
esta de loito.

O número nove
e como o xove.

O número dez
e un pez.

Autora: Mounstruíto (seudónimo)

Os números riman


O número dez
ten un pez.

O número nove
gústalle cando chove.

O número oito
pesa moito.

O número sete
ten un retrete.

O número seis
quere ser rei.

O número cinco
deume un bico.

O número catro
fíxome un retrato.

O número tres
está por Inés.

O número dous
quere ao vinte e dous.

O número un
non ten amigo ningún.

Autora: Conguito (seudónimo)

07/02/2012

Poesía dos números.

Antes do número un
non ven ningún.

O número tres
ten un cempés.

O número catro
so pinta un garabato.

O número cinco
dá un chimpo

Ao número seis
lle gusta tocar os cascabeis.

O número sete
ten un chupete.

O número oito
xoga moito.

O número nove
Ten unha noiva chamada dezanove.

O número dez
xoga moito o xadrez.


Autora: "Wich" (seudónimo)

03/02/2012

Taller de Mondrian

Pieter Cornelis Mondriaan (Amersfoort, 7 de marzo de 1872 - Nueva York, 1 de febreiro de 1944), coñecido como Piet Mondrian, foi un pintor vanguardista holandés, representante dun tipo de pintura moi atractiva polo seu colorido e formas xeométricas. Hoxe, en plástica, fixemos un obradoiro sobre este autor, esta é unha mostra do traballo:




Para saber máis de Mondrian: http://es.wikipedia.org/wiki/Piet_Mondrian
Imaxes relacionadas con este autor: Google-Imaxes